background preloader

Día das Bibliotecas 2016. CEP Sequelo

Facebook Twitter

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes. "Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes

Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar. Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento.

Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas.

Que é arte?

Museos virtuais. Artes visuais: cine, cómic, fotografía, vídeo... Música. Arquitectura. Danza. Literatura. Pintura. Escultura.