background preloader

Xornadas de Orientación 2016

Facebook Twitter

Xornadas de información laboral no IES García Barbón de VerínO Sil, periódico en galego de información xeral. O programa levarase a cabo ao longo de dous días en horario de maña e tarde Xornadas de orientación laboral no IES García Barbón de Verín.

Xornadas de información laboral no IES García Barbón de VerínO Sil, periódico en galego de información xeral.

Os días 4 e 7 de marzo, terán lugar en Verín as “Xornadas de información e orientación para o emprego”, organizadas polo IES García Barbón en colaboración co Concello. As xornadas desenvolveranse no instituto e estarán coordinadas por Adrián Fernández e Rubén Silva. Entre os obxectivos que se marcan están publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia (especialmente na comarca de Verín) e as súas posibilidades de emprego; dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca; informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao emprendemento; ou facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes no ámbito académico e laboral.

A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Avaliación das Xornadas de Orientación (7 de marzo de 2016) A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Montaxes audiovisuais das Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego. A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Consellos entre estudantes nas Xornadas de Orientación. A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Vídeo de 10 minutos sobre "Capacidades persoais" de Víctor Kuppers.

A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Segundo día das Xornadas de Orientación (7-03-2016) A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Avaliación das Xornadas de Orientación (día 4 de marzo de 2016) A TÚA EXPERIENCIA INTERESA : Primeiro día das Xornadas de información académica e orientación para o emprego. Xornadas sobre emprego no IES García Barbón - Monterrei. Os vindeiros venres, día 4 e marzo, e o luns 7 de marzo, terán lugar no IES García Barbón, de Verín, as 'Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego', organizadas polo devandito devandito centro docente, coa colaboración do Concello de Verín.

Xornadas sobre emprego no IES García Barbón - Monterrei

Estas xornadas teñen como obxectivos fundamentais publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia –con fincapé na comarca de Verín- e as súas posibilidades de emprego e dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca de Verín. Así mesmo, tentarán informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao emprendemento e facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes –universitarios e de formación profesional- no ámbito académico e laboral. As xornadas ofrecerán tamén asesoramento sobre as posibilidades das oposicións como sistema para buscar emprego e entender o papel que ten aaprendizaxe de linguas estranxeiras no futuro profesional.