background preloader

SermosGaliza (artigos)

Facebook Twitter

14N, a esperanza como imperativo - Opinión. Imos perdendo. Certamente ese é o resultado polo momento desta guerra na que co seu saqueo sen límites están a converter a loita de clases, que neste sistema enfronta --de sempre-- os intereses dunha minoría rica e poderosa cos da maioría á que expropia, á que explota. Imos perdendo, mais inda non fomos derrotadas nin derrotados. Imos perdendo mais nas nosas mans está o poder para tentarmos, polo menos tentarmos, inverter este resultado. O desacougo, o temor, as dúbidas... son comprensíbeis e humanas. Todas e todos albergamos ese pavor latexante que algunha vez mesmo nos afoga, nos conxela, ao comprobármonos como de repente a (nosa) xente vai quedando atrás. Perdendo primeiro o emprego, despois a vivenda e ás portas mesmas da indixencia.

Estes cinco anos de crise xa nos aprenderon que ficar quedas e quedos non é opción. "Quen pense que ficando de brazos caidos ou fuxindo do confronto sairá ben parado, erra. Non hai solucións fáciles nin camiños curtos. Claro que hai loita de clases - Opinión. Na segunda metade do século XV, nun contexto de fame e abusos constantes por parte da clase dominante, Galiza viviu unha situación de conflito social que derivou na que, posibelmente, foi a maior revolta social de toda a Europa do século XV. Foi unha guerra de clases na que, segundo se conta, o conde de Lemos, un dos vencedores, sabedor da necesidade de contar cunha clase traballadora que permitise manter o seu status de benestar e satisfacer as súas necesidades de poder, cando o mariscal Pardo de Cela o instaba a "encher os carballos de vasalos", o conde respondeulle que "non se ía manter de carballos".

Nos próximos días, o 14 e o 27 de novembro, Galiza sairá de novo á rúa para se levantar contra os secuestradores que se rescatan a si mesmos co diñeiro, o esforzo e o traballo dos galegos e galegas: dos que sufriron unha reconversión naval ou agrícola; das que foron ao desemprego procedentes do téxtil ou do pequeno comercio, autónomos ou asalariadas. O país adormentado - Opinión. Cando che pareza que xa non podes máis, cando se che faga insoportábel o cheiro da derrota, entón baixa até o fondo da Fraga Mesta a reunirte comigo” Estas palabras que Val dirixe a Aurora no inicio d´O país adormentado, novela escrita por Xabier P. Docampo e reeditada recentemente por Edicións Xerais na colección xuvenil Fóra de xogo, semellan fotografaren unha interminábel sucesión de imaxes de reactivación responsábel que a sociedade galega quixo protagonizar ao longo da historia, nomeadamente nesta última lexislatura en que a decisión dunha parte desa mesma sociedade (cuantitativamente menor, non o esquezamos, pois máis escanos non significa máis votos) colocou o Partido Popular nunha posición de maioría absoluta no Parlamento galego.

Maioría silenciosa, estraña concordancia entre substantivo e adxectivo que permite cuantificar, como máxima absoluta, aquilo que é visíbel e audível sen ser visto nin ouvido por ninguén. Onde queda, xa que logo, esa minoría molesta? Non hai collóns nin ovarios a falar 5 min sen facer un tropo - Opinión. E que cona ou carallo é un tropo? , diredes vós.

Os tropos son a ferramenta básica, a chave inglesa –aí vai un– dos e das poetas dende a noite dos tempos –xa me saíu outro, ai que raio (e outro)–. Facede a proba: collede unha gravadora e rexistrade 5 minutos de conversa nun botellón. Imposible, polo menos un ten que haber –e xa sería pouco–. O propio botellón xa é dous tropos: hipérbole e metonimia, máis ca nada porque esaxeramos quinindiós e confundimos, entre outras cousas, a parte polo todo. Dende os trobadores medievais galego-portugueses –aqueles ghichos que levaban “trobas” e rascaban no tataravó das guitarras eléctricas– tamén na nosa lingua sabemos e non temos collóns nin ovarios a non facer tropos a cadora. Imos logo ao choio, porque todas estas sachadas que estou botando pola boca aínda querían un algo de demostración, que ben sei o escépticos que sodes e facedes ben.

A metáfora, que vén sendo chamarlle a unha cousa polo nome doutra porque lles topamos parecido. A hipérbole. A auga dos soños: lecturas para apagar a sede - Opinión. Nestes días aciagos de miseria política e canibalismo económico, precisamos máis que nunca de atoparmos un feixe delecturas que sigan a dar de beber aos nosos soños, é dicir, que nos permitan saciar a sede da imaxinación, concedéndolle ás nosas vidas un recanto onde exercer, contra vento e maré, unha liberdade envolta en silencio.

Permitan, pois, que lles ofreza un menú de lecturas para o vindeiro mes de agosto, tan diverso como azaroso, sen máis pretensión que a de sinalar roteiros suxestivos que nunca deben ser entendidos como carreiros obrigatorios. Aí van logo, como unha restra de allos, un feixe de títulos que nos permiten exercer o sagrado pracer da lectura: · Lev Tolstói, ¿Cuánta tierra necesita un hombre? · H. H. Propaganda comercial ou as catro mentiras do BOE deste sábado - Opinión. Saca o peito o goberno aprobando o Real Decreto Lei número 19 deste corto ano mostrando que nin vai ir ao Parlamento para debater democráticamente as normas, nin ten pensado deixar de recorrer á propaganda que tape a súa ineficacia ou renunciar á liberalización e centralización como signos distintivos da súa (in)acción de goberno.

Catro mentiras agóchanse no RDL 19/2012 de liberalización do comercio. Mentira 1ª: A mellora A substitución de autorizacións administrativas por comunicacións previas ou declaracións responsables implica que os operadores que queren abrir un comercio ou actividade de servizos poden iniciar a súa actividade sen máis trámite que unha comunicación ao concello de que cumplen a normativa. As implicacións deste cambio, que xa introducía a Lei de Economía Sostible, son que a comprobación do cumprimento da normativa (ruidos, control sanitario, seguridade para os usuarios...) só pode realizarse a través de inspeccións a posteriori.

Mentira 2ª: A novidade. O Códice Calixtino e a lingua galega 1 - Opinión. A tía Sabina de Agramonte, a nosa costureira cando ficamos sen nai, era unha muller sumamente intelixente. Hai que saber ler para hoxe e para o futuro, dicía. Coleccionaba historietas dos cegos. Catro por unha peseta na feira de Parga. E logo sacáballe punta a todo. Velaquí, en síntese, dúas delas e uns ganduxos de reflexión para chegarmos ao fondo da vida Había unha vez un sitio, Galiza, que tiña un tesouro. Reflexión da tía Sabina: Fixo máis por ese tesouro o electricista do que todos os xerifaltes civís e eclesiásticos, pobo galego incluído. Por eses mesmos tempos había un pobo, Galiza que tiña lingua e cultura de seu. Reflexión da tía Sabina. Os do segundo cantar de cego esnaquizaron o tesouro da lingua, xa sen posibilidades de reparación. Estes fóronse para as súas casas sen que ese pobo se decatara da riqueza destruída.

Vós non sexades así. L anos despois - Opinión. A Real Academia Galega vén de celebrar a liña temporal dunha data emblemática, gravada no noso imaxinario cronolóxico cultural como cita puntual de reencontro cos tempos literarios construídos de onte a hoxe, unha madura reconciliación amiga ou descuberta de noivado mozo con aqueles e aquelas que falaron de nós, por nós, para nós e o extenso mundo de ollada aberta.

Cincuenta anos de vida desde aquel pioneiro 1963 rosaliano da popularmente instalada en nós como grande festa literaria nacional, o Día das Letras Galegas. A petición desta singular colaboración, canalizada a través da AELG, asignábame un autor, Frei Martín Sarmiento, homenaxeado o 17 de maio de 2002, a quen tiven oportunidade de reler con atención naquela altura e sintetizar no manual Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega. “Sen soldados poderá pasar o mundo, mais sen labradores nin o mundo nin os soldados poderán subsistir” “Coloquio da palabra galega asulagada para nos acordar a conciencia”

Rara - Opinión. Teño 15 anos e son RARA; esta característica non a levo comigo dende que nacín, apareceume alá polos 6 anos, precisamente cando comecei a falar en galego. Ao principio era unha nena “normal”, como moitas das miñas amigas e amigos pero a rareza quixo aflorar en min o día que me escoitaron falar galego coa miña nai, nese momento comezaron a repetirme unha frasiña que con aquela idade naturalmente me fixo graza: “Andrea, que RARA estás hablando gallego!”. “Pois para min agora é o natural”, dixen toda chea de razón e feliz porque eu co galego sentía que tiña algo precioso, algo especial. Cheguei ao instituto e os comentarios seguían na mesma liña: “Que RARA es la música en gallego”, ”Que gustos más RAROS tienes”. Cando me entusiasmei coa gaita e empecei a tocala, vai unha amiga e dime: “ a gaita é un instrumento de vellos, se aínda tocaras a guitarra...”.

Mais estas sentencias fanse odiosas principalmente cando veñen de persoas das que espero apoio. O músculo máis forte do corpo humano é a lingua - Opinión. Hai unhas semanas chegoume un curioso libro no que atopei ese dato, arrebatador, co que titulo este artigo. Que dos moitos músculos que hai no corpo humano, o máis forte é a lingua. O dato é sorprendente pois un tende a pensar nos bíceps, ou algo así, se pensamos no máis poderoso músculo da nosa anatomía. E se dicimos músculo pois iso, pensamos en chicha da dura, desa que medra a base de esforzo e traballo ximnástico ou mesmo anabolizantes, chegado o caso. Sen embargo é a lingua quen detenta o título máximo da afouteza corporal. A lingua, a saber, esa parte de nós coa que falamos, coa que saboreamos, coa que beixamos, coa que facemos bulra, coa que amamos, coa que damos pracer... a lingua dura puntiaguda frecha estilete branda mol húmida seca longa curta penetrante tímida ou como sexa que sexa a lingual forma e uso...

A lingua... Saber iso pareceume todo un alento, e dos mellores e máis positivos para a nosa causa. Levamos séculos falando de que o galego morre. Ela vai gañar a batalla. Sumak Kawsay, unha utopía para o S. XXI - Opinión. Despois de 500 anos de colonialismo, por primeira vez as recentes Constitucións aprobadas por Ecuador e Bolivia recollen como alicerce a perspectiva ancestral dos seus pobos: o Sumak Kawsay, o Suma Qamaña, o Vivir Ben en harmonía integral. Esta é unha forma de convivencia cidadá baseada na complementariedade entre todos os seres vivos. O Vivir Ben parte da idea de comunidade fronte ao individualismo occidental e deixa de lado a mercantilización do mundo e a súa visión utilitarista.

Neste sentido, contraponse ao Vivir Mellor a custa do outro, asume a responsabilidade coas xeracións futuras e defende unha economia para a vida asociada á sustentabilidade humana e ambiental fronte a orde económica dominante baseada na devastación das trasnacionais e na acumulación ilimitada. A soberbia Europa moito pode aprender deste novo paradigma, pois propón unha saída de esquerdas para as diferentes crises que padecemos.