background preloader

Probas de acceso ás Ensinanzas de Réxime Especial

Facebook Twitter

Mónica Diz Orienta: Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2017/2018. A Consellería de Educación publicou a Circular 3/2017 coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2017-2018.

Mónica Diz Orienta: Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2017/2018

Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na circular 3/2017. Deberá facer PREINSCRICIÓN todo o alumnado de novo ingreso que: Desexa cursar o 1º curso de nivel básico ou básico integrado dun idioma por primeira vez.  Mónica Diz Orienta: Convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores 2017 sin requisito de titulación. A Consellería de Educación publicou a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, para o curso 2017/2018.

Mónica Diz Orienta: Convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores 2017 sin requisito de titulación

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 13 ó 31 de maio de 2017 Para as ensinanzas superiores de Música: 16 anos cumpridos como mínimo no 2017.Para as ensinanzas de ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 18 anos cumpridos como mínimo no 2017. Non ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.Non estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente. INSCRICIÓN:Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. – Conservatorio Superior de Música da Coruña. Mónica Diz Orienta: Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2017. Publicouse a RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2017/18.

Mónica Diz Orienta: Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2017

Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Mónica Diz Orienta: Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2017. Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2017. Publicáronse as normas de acceso e admisión nos Estudos Superiores de Deseño de Moda, Produtos, Interiores e Gráfico nas escolas de Artes de Galicia para o curso 2017-2018.

Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2017

Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro.Título de licenciado ou graduado universitario.Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas.

Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2017. Publicáronse as instrucións para o acceso e admisión no Grao de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia para o curso 2017-2018.PRAZO PARA A PROBA ESPECÍFICA: O prazo para inscribirse na proba específica vai do 17 de maio ao 19 de xuño do 2017, na secretaría da Escola.

Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2017

Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro.Título de licenciado ou graduado universitario.Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. ENLACE. Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2017.

Publicouse a Resolución do 30 de maio de 2017 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2017/2018 en Galicia.

Mónica Diz Orienta: Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2017

⇒As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: CICLOS MEDIOS: Do 12 de xuño ó 20 de xullo.CICLOS SUPERIORES: Do 12 de xuño ó 21 de xullo.