background preloader

Educación en TIC (13/18)

23 june 2012

Educación en TIC (13/18)

Curso de deseño técnico e didáctico dun e-portafolio (24h)

Obxectivos

1. Capacitar ao profesor/a para integrar o uso dun e-portafolio no proceso de ensino e aprendizaxe utilizando o apoio dun contorno social de aprendizaxe.

2. Aprender a utilizar, deseñar e valorar o uso do portafolio no proceso de ensino-aprendizaxe.

3. Facilitar ao profesorado unhas competencias técnicas e metodolóxicas na creación e utilización dun e-portafolio utilizando o soporte dunha materia virtual.

4. Introduciranse os elementos básicos e os pasos necesarios para a construción dun e-portafolio.

5. Analizaranse de forma práctica as diferentes ferramentas ao dispor do/a profesor/a nunha plataforma de aprendizaxe virtual e que son de interese para a construción dun e-portafolio.

6. A partir dunha acción formativa presencial con soporte virtual proporase un modelo de actuación que aborde a construción e uso dun e-portafolio.

Programa

Módulo 1. Introdución ao portafolio.

Unidade 1.1. Introdución á cultura do e-portafolio.

Unidade 1.2. Fases do e-portafolio.

Módulo 2. Competencias e actividades: Evidencias.

Unidade 2.1. Competencias e actividades.

Unidade 2.2. As evidencias.

Módulo 3. Estratexias de avaliación: As rúbricas.

Unidade 3.1. Estratexias de avaliación.

Unidade 3.2. Deseño de rúbricas.

Módulo 4. Estratexias de reflexión.

Unidade 4.1. Reflexión e feedback.

Unidade 4.2. Publicación do e-portafolio.