background preloader

Mod 3

Facebook Twitter

¿Que é Scoop.it!? (Curación de contidos) A función de curación de contidos consiste en seleccionar aqueles contidos máis relevantes e agrupalos, para acceder a eles de maneira conxunta ou compartir de novo pero a través da nosa selección.

¿Que é Scoop.it!? (Curación de contidos)

Deste xeito podemos seleccionar os recursos web que nos parezan máis interesantes sobre un tema para incluír nun panel ou taboleiro e compartilos con outras persoas ou ter unha colección de recursos seleccionados por nós sempre a man. Curación de contidos A curación de contidos (traducido do inglés Content Curator, a figura do selector de información), en esencia é moi similar á subscrición de contidos ou os marcadores sociais. Temos que seleccionar unha serie de fontes, pero neste caso en lugar de ser un sitio web completo pode ser tan só un artigo, documento ou vídeo concreto.

Unha funcionalidade que nos ofrece a maiores son os taboleiros ou páxinas de resumo que nos amosan en conxunto todos os recursos (cun título, descrición e imaxe representativa). Scoop.it! Presentación de Scoop.it! 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest. Onte víamos como funcionaba a rede social Pinterest e como nos permitía elaborar taboleiros de marcadores visuais, onde ir facendo coleccións de contidos con imaxes representativas.

16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest

Esta rede ofrece moitas posibilidades de aplicación tanto no campo do marketing empresarial para promocionar produtos coma no eido educativo. Hoxe presentamos algunhas formas de empregar Pinterest na Educación. Cortesía de OnlineUniversities e traducido por Gabit, achegamos unha infografía con 16 interesantes formas de empregar o Pinterest para deseñar actividades na aula: ¿Que é Pinterest? Pinterest é unha rede social que permite aos usuarios crear taboleiros de contidos, a partir de imaxes ou ligazóns.

¿Que é Pinterest?

Desta forma podemos revisar os contidos dos nosos taboleiros ou os doutros usuarios de forma moi áxil e visual. Ao ver un taboleiro, aparece cada contido, marcador, ou “pin” cunha imaxe descritiva, o que nos axuda moito a identificar cada un dentro da súa colección. Esta funcionalidade resulta moi proveitosa para crear páxinas de produtos ou de recursos educativos, sendo válida en proxectos de marketing ou educativos. Marcadores sociais: Diigo e Delicious. A maioría dos navegadores permítennos gardar unha lista dos sitios que visitamos, coñecida como marcadores ou "Favoritos".

Marcadores sociais: Diigo e Delicious

A idea é que se estamos nun sitio poidamos gardar a súa URL ou enderezo web e despois dende a lista podamos acceder ao sitio cun simple clic de xeito doado. Esta lista de sitios web queda almacenada no navegador en cuestión, polo que se accedemos dende outro navegador noutro equipo non a teremos dispoñible. Os servizos de marcadores sociais aparecen co obxectivo de que teñamos sempre accesible esa lista de páxinas web, gardándoa na nube. Deste xeito accederemos ao servizo para obter os marcadores e podemos facelo dende calquera navegador e dispositivo. Ademais estes servizos nos ofrecen funcionalidades a maiores como compartir esas listas de marcadores con outras persoas ou colaborar para crealas e mantelas. Introdución aos Marcadores Sociais (Social Bookmarking, en inglés) Diigo é unha das ferramentas de marcación social máis utilizadas. Sitio web oficial de Diigo. Directorio de sitios para descargar ebooks libres gratis.

¿Podemos obter libros ou ebooks gratuítos e libres para traballar con eles na aula?

Directorio de sitios para descargar ebooks libres gratis

Un dos complementos que temos hoxe en día dispoñible son os libros en formato electrónico ou ebooks. Aínda que moitos lectores incorporan os seus propios formatos ePUB, Mobi, PDF, ... existen aplicacións que nos permiten facer conversións, de xeito que podamos dispoñer de calquera ebook nos nosos dispositivos de lectura. Existen ademais diferentes directorios de libros que poden descargase libremente e de xeito gratuíto, pois publícanse con licenzas de libre distribución. A continuación presentamos os máis recomendables: OpenLibra Biblioteca libre con publicacións con licenzas Copyleft ou Creative Commons. OpenLibra: Proxecto Gutenberg Biblioteca libre con preto de 45000 obras de todo o mundo. Proxecto Gutenberg: 24 Symbols Aínda que neste caso se trata dun sitio comercial, ten unha sección gratuíta que permite ler completamente algúns libros, iso si con publicidade.

Sección libre de 24 Symbols: Como buscar en Google a nivel Ninja. Todos sabemos facer unha busca típica en Google, é unha ferramenta moi sinxela.

Como buscar en Google a nivel Ninja

Pos un texto e premes en buscar (ou intro). Pero realmente o buscador déixanos facer buscas máis específicas a través dunha serie de opcións máis ou menos ocultas. Busca de palabras ou frases exactas O máis doado é buscar un texto que describa (máis ou menos) o que queremos atopar. Se isto devólvenos moitos resultados poderemos restrinxir a busca exacta especificando o texto (ou parte do mesmo) entre comiñas. Para facilitar máis as buscas podemos ter en conta que… A subscrición de contidos (RSS/Atom) A subscrición de contidos nos permite filtrar e recibir información.

A subscrición de contidos (RSS/Atom)

Podemos seleccionar as páxinas que nos parezan máis interesantes e dese xeito engadilas nun xestor de subscricións que nos informará de todas as novas publicacións nesas páxinas sen necesidade de ter que ir unha por unha comprobando diariamente se houbo novidades. Subscrición de contidos A subscrición ou sindicación de contidos é unha opción pola cal páxinas e sitios web poden publicar os seus contidos a través dunha canle que lle permite a aplicacións e servizos ler os seus artigos e publicacións. A maioría de sitios web empregan o formato RSS, aínda que hai outros como Atom, máis moderno pero menos utilizado. Todos eles non deixan de ser formatos de XML distintos para representar a mesma información, que viría sendo unha entrada, artigo ou nova publicación dun sitio web.

Diagrama básico de funcionamento da subscrición de contidos Introdución á Subscrición de Contidos con RSS/Atom. mLearning: Xestionando a información (#PLE) (Galego)